lunes, 31 de enero de 2011

III CONCURSO LITERARIO -POETA ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES

Antonio Fernández Morales nace en Astorga en 1817 y con una edad muy temprana se convierte en vecino de Cacabelos, donde es enterrado en 1896. A lo largo de su vida, se desarrolla profesional y personalmente como militar, político y escritor, siendo esta última dedicación, la de escritor la que nos interesa destacar.
Un rasgo importante de su obra literaria es la influencia del romanticismo de la época, su amor por lo local, por la lengua, las costumbres y el folklore del Bierzo, pero todo ello visto desde la óptica de un hombre de mundo, con una gran cultura clásica y humanística.
En 1861 se publica "Ensayos poéticos en dialecto berciano", que ha sido considerado como uno de los primeros libros del renacimiento gallego. En esta obra, al margen de datos costumbristas, etnográficos e históricos, destaca el ardiente amor por una tierra a la que dedicó reiterados elogios, el Bierzo.
Morales utiliza la lengua hablada en el centro del Bierzo Bajo, es decir, el habla de los alrededores de Cacabelos, pues en su opinión, hacia el oeste berciano la lengua galleguiza y hacia el sureste se castellaniza.
Desde el Ayuntamiento de Cacabelos y ante una propuesta de la Asociación para la defensa da lingua Galega, Xarmenta, se hace un reconocimiento con la denominación del premio, a un escritor que podríamos decir, se adelantó a lo que hoy es un acuerdo institucional entre Junta de Castilla y León y Xunta de Galicia, por una educación que permita aquellas personas que lo deseen, poder estudiar la lengua gallega en los centros educativos del Bierzo.

Organizan:
Ayuntamiento de Cacabelos- Concejalía de Cultura y Acción Social
Asociación Berciana Da Lingua Xarmenta

Colaboran:
Xunta de Galicia
Presidencia
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
BASES

1.ª Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión, sen sinatura nin marca que denuncie a súa procedencia.

2.ª O prazo de admisión de orixinais finalizará o 1 de abril de 2011 ás 14.00.

3.ª A presentación de orixinais para o concurso literario efectuarase polas seguintes vías:

- No Concello de Cacabelos, sito na Praza Maior n.º 1, 24540, Cacabelos.

- Na Biblioteca Pública Municipal de Cacabelos, en horario de 17.00 ás 20.00h, sita na rúa Ángel Basante n.º 15, 24540, Cacabelos.

- Por correo certificado, a portes pagados, aos mesmos enderezos.

- Mediante o correo electrónico: participacion@cacabelos.org

En todos os casos cómpre indicar no sobre (exceptuando no correo electrónico que se porá no ASUNTO): “Para o III Concurso literario “Poeta Fernández Morales”, sempre que a dita remisión se realice antes de finalizar o prazo indicado na base 2.ª.

4.ª Os relatos breves ou poemas presentados deberán ser orixinais e non estar editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, que non foran premiados en calquera outro certame e mais que non se presentasen a ningún outro concurso antes de se facer público o ditame desta convocatoria. O/a autor/a acompañará un escrito asinado no que declare estes aspectos, indicando tamén que sobre esa obra non existe compromiso ningún e que polo tanto posúe todos os dereitos.

5.ª Os orixinais non irán asinados, debendo presentarse por quintuplicado (orixinal e catro copias), debendo facer constar no encabezamento o título elixido e acompañados dun sobre pechado, en cuxo exterior deberá constar o citado título e mais a categoría á que pertence:

- Categoría A: até os 14 anos.

- Categoría B: maiores de 15 anos.

6.ª No interior do sobre introducirase o escrito sinalado na base 4.ª e unha nota escrita a máquina ou con rotulación axeitada, indicando III Concurso literario “Poeta Fernández Morales” xunto con:

- Nome, apelidos e data de nacemento do/a autor/a.

- Enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono de contacto.

- Datos completos do centro onde cursa os estudos.

- Categoría á que se presenta.

Cando unha mesma persoa presente varias obras distintas (sexan pezas poéticas ou relatos curtos), deberá seguir o mesmo procedemento para cada unha delas.

7.ª Cada autor/a poderá presentar unha peza poética ou un relato breve, cuxa extensión non sexa superior a douscentos versos, nin a 5 folios no caso dos relatos breves. Deberán presentarse en folios mecanografados a dobre espazo por unha soa cara. O tema será de libre elección por parte dos/as autores/as.

8.ª Unha vez finalizado o concurso as obras presentadas pasarán a formar parte do Concello de Cacabelos que se reserva o dereito a facer con eles o que considere axeitado.

9.ª O concurso está dotado cun primeiro premio á mellor poesía e outro ao mellor relato breve para cada categoría. Os ditos premios consistirán nunha colección de libros e un diploma acreditativo.

10.ª Un xurado designado para o efecto, formado por 5 membros, elixidos polo Concello de Cacabelos e mais pola Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, valorará os traballos presentados e emitirá o seu ditame antes do 10 de maio de 2011, para facer a entrega do premio dentro dos actos do “Congreso Morales 2011” e terá lugar o 14 de maio de 2011.

11.ª O día da entrega dos premios será obrigatoria a presenza dos/das gañadores/as.

12.ª O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios cos que estea dotado o concurso. Así mesmo poderá resolver aquelas situacións non recollidas nestas bases, así como as dúbidas que se presenten sobre a súa interpretación.

13.ª O ditame do xurado será inapelábel en todos os casos.

14.ª O xurado estará composto por:

- Fermín López Costero (escritor berciano)

- Anxo Angueira (catedrático da Universidade de Vigo)

- M.ª Jesús Polo (profesora de galego na EOI de Ponferrada)

- M.ª Marta González (xefa do departamento de galego da EOI de Ponferrada)

- María E. Veiga (profesora de galego no IES Europa de Ponferrada)

15.ª A participación neste concurso implica a íntegra aceptación das presentes bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario